Concello Contra o Cancro
Un compromiso local que pode chegar moi lonxe
Recoñece o compromiso do teu concello coa prevención do cancro, o apoio a pacientes e familias e a participación social.
A Xunta provincial da Coruña da Asociación Española Contra o Cancro impulsa o recoñecemento Concello Contra o Cancro para poñer en valor os concellos que traballan activamente fronte ao cancro desde a proximidade.
Unha iniciativa para avanzar cara a concellos máis saudables, máis comprometidos e máis próximos ás persoas.
Unha rede que nace do compromiso
A Rede de Concellos Contra o Cancro reúne os concellos que obtiveron o recoñecemento Concello Contra o Cancro, acreditando un marco estable e verificable de compromiso municipal fronte ao cancro.
Cal é o seu obxectivo?
A iniciativa busca ampliar o alcance territorial da Asociación e fortalecer a capacidade dos concellos para actuar desde a proximidade, facilitando que a prevención, a atención e a participación social cheguen a todo o territorio.
A quen se dirixe?
Aos concellos da provincia da Coruña que queiran reforzar o seu compromiso coa prevención do cancro, a atención ás persoas afectadas e ás súas familias e a mobilización social no seu territorio.
Que supón ser un Concello Contra o Cancro?
Supón acreditar unha serie de actuacións e compromisos municipais e obter un recoñecemento que identifica o concello como parte activa da loita contra o cancro.
Os concellos recoñecidos pasan a formar parte da Rede, compartindo un marco común de actuación, seguimento e mellora.
Cómo converterse nun Concello Contra o Cancro
Para obter o recoñecemento, cada concello traballa sobre tres ámbitos de actuación definidos pola iniciativa:
Promoción da saúde
Impulsar accións e contornas que favorezan a prevención e os hábitos de vida saudables.
Atención ás persoas con cancro e ás súas familias
Facilitar o acceso a información, orientación, acompañamento e recursos de apoio.
Participación social e solidariedade
Favorecer a implicación da cidadanía e a colaboración social en iniciativas relacionadas coa loita contra o cancro.
Quero formar parte
Se o teu concello quere participar no proceso para obter o recoñecemento Concello Contra o Cancro, completa o seguinte formulario.
Este primeiro contacto permitiranos coñecer o interese do teu concello e facilitarche a información necesaria para comezar a candidatura.
Proceso de adhesión
Inicia a túa candidatura
Manifesta o interese do concello e accede ao proceso de participación.
Prepara a documentación
Revisa os requisitos e achega a información e as evidencias necesarias.
Avaliación
O Comité de Avaliación revisará a documentación e comprobará o cumprimento dos criterios establecidos.
Recoñecemento
As candidaturas que superen o proceso obterán o recoñecemento Concello Contra o Cancro e incorporaranse á Rede.
Documentación
Consulta os documentos necesarios para coñecer a iniciativa e preparar a candidatura.
Preguntas frecuentes
Atopa resposta ás preguntas máis habituais sobre o proceso, os requisitos dos concellos e o mantemento do recoñecemento.
Sobre o Concello Contra o Cancro
Que é un Concello Contra o Cancro?
É un municipio que obtén o recoñecemento oficial daa Asociación tras acreditar o seu compromiso coa prevención do cancro, a promoción da saúde, o acceso de pacientes e familias a recursos de apoio e a participación social e comunitaria
Quen pode solicitar o recoñecemento?
Calquera Concello da provincia de A Coruña interesado en obter o recoñecemento e adherirse á Rede
Que compromisos asume un Concello Contra o Cancro?
Manter durante o dous anos de vigor as actuacións, recursos e procedementos acreditados, colaborar no seguimiento e facilitar a información necesaria para comprobar o seu mantemento.
Requisitos e evidencias
Que requisitos ten que cumprir un Concello?
Debe cumprir os requisitos establecidos en tres liñas: promoción da saúde, atención a pacientes e familias e participación social e voluntariado.
É preciso cumplir todos os requisitos?
Sí. Cada liña inclúe un requisito xeral e outro flexible. O xeral é común a todos os concellos e, no flexible, poden elexirse distintas modalidades de cumprimento.
Que documentación ou evidencias hai que presentar?
A candidatura incluirá a documentación obrigatoria, o informe de cumprimento e as evidencias específicas previstas para acreditar cada requisito.
Pode acreditarse unha iniciativa ou recurso equivalente ós contemplados nas bases?
Sí, cando as bases o permitan e poida demostrarse que cumpre unha finalidade e unas condicións equivalentes.
Como se acredita que un recurso está realmente implantado e é accesible para a cidadanía?
Mediante evidencias que permitan comprobar o seu funcionamento, mecanismo de acceso e a súa difusión a través de canais municipais accesibles, como a web, directorios, cartelería ou materiales informativos.
Proceso de solicitude
Como se presenta a solicitude?
O procedemento iníciase a través da web oficial da convocatoria. O representante do Concello deberá contactar co equipo coordinador en concelloscontraocancro@gmail.com para comunicar o seu interés en participar. A continuación, habilitarase unha carpeta compartida específica para o Concello, na que poderá incorporar a documentación e as evidencias requeridas durante o proceso.
Cal é o prazo para presentar a candidatura?
Do 01 de outubro ó 2 de novembro de 2026.
Quen debe presentar a solicitude en representación do Concello?
Cada Concello designará unha persoa responsable da candidatura como interlocutora durante o proceso. A documentación institucional deberá estar firmada pola representación legal do Concello ou persoa delegada.
Evaluación e resolución
Quen evalúa as solicitudes?
O Comité de Evaluación designado pola Asociación. A Deputación da Coruña participa con voz, pero sen voto.
Que ocorre se falta documentación ou é preciso subsanar información?
O Concello poderá completar ou correxir a documentación dentro do prazo establecido para subsanación.
Pode solicitarse información adicional ó Concello durante a evaluación?
Sí. Cando existan errores, documentación incompleta ou aspectos que requiran aclaración, poderá solicitarse a súa corrección ou aportación documental.
Que ocorre se un Concello non obtén o recoñecemento?
Recibirá a resolución correspondiente e poderá presentar unha reclamación dentro do plazo que se estableza ou presentarse á seguinte edición da iniciativa.
Renovación e seguimento
Canto tempo ten vixencia o recoñecemento?
Ten unha vixencia de dous anos dende a publicación da resolución.
Que debe manterse durante o periodo de vixencia?
A actuacións, recursos e procedementos que permitiron obter o recoñecemento, de acordo coas condicións establecidas para cada requisito.
Realizarase algún seguimento dos compromisos adquiridos?
Sí. A Asociación poderá realizar actuacións de seguimento ou comprobación e solicitar información que permita verificar que os requisitos continúan cumpríndose.
Estamos para axudarte
Se precisas máis información sobre o recoñecemento Concello Contra o Cancro, comprobar algún requisito ou resolver unha dúbida antes de iniciar a candidatura, ponte en contacto co equipo da Asociación Española Contra o Cancro.
Axudarémoste a identificar os próximos pasos.