Se o teu concello quere formar parte, escríbenos e contactarémosvos para indicar os seguintes pasos

Aviso legal

O Aviso Legal de redeconcellos.contraelcancer.es ten por obxecto: dar cumprimento á obriga de información que o artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico impón a todo prestador de servizos, así como establecer as regras de uso do Portal que resultarán de aplicación a todos os usuarios como consecuencia da súa utilización.

1. Quen somos

De acordo co disposto no artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (en diante, “LSSI”), poñemos no seu coñecemento que a páxina web co enderezo URL: www.contraelcancer.es (en diante, o “Sitio Web” ou o “Portal Web”), así como os seus subdominios, é operada pola Asociación Española Contra el Cáncer (en diante, “AECC”), con N.I.F. G-28197564, inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións, co número nacional 3.827 da Sección 1, cuxo domicilio se atopa na rúa Teniente Coronel Noreña, 30, 28045, Madrid. Pode obter máis información sobre a AECC a través da sección “Sobre nós” do Portal ou remitindo un correo ao seguinte enderezo de correo electrónico informacion@contraelcancer.es.

2.1 Aceptación do Aviso Legal

O presente Aviso Legal regula a utilización dos servizos da sociedade da información que a AECC pon á disposición dos usuarios da rede Internet a través do Sitio Web.

O acceso e utilización do Sitio Web polo Usuario (en diante, o “Usuario”) supón que este acepta na súa totalidade e se obriga a cumprir por completo os termos e condicións recollidos no presente Aviso Legal, así como na Política de Privacidade do Portal. Faga clic se desexa acceder á citada Política de Privacidade.

Así mesmo, poñemos en coñecemento do Usuario que, para poder participar en moitos dos servizos e funcionalidades que a AECC proporciona a través do Portal Web, é necesario darse previamente de alta como Usuario rexistrado do Sitio Web (en diante, “Usuario Rexistrado”). Os devanditos servizos e funcionalidades réxense, ademais de polo presente Aviso Legal, polos termos e condicións xerais que o Usuario debe aceptar con carácter previo á súa alta como Usuario Rexistrado (en diante, “Condicións de Uso”). Faga clic se desexa darse de alta como Usuario Rexistrado.

Adicionalmente, a través do Portal o Usuario pode realizar, entre outras, as seguintes actividades: darse de alta como socio, colaborador ou voluntario da AECC; realizar doazóns a favor da AECC; participar en cuestacións e campañas de financiamento organizadas pola AECC; xestionar as citas cos profesionais da AECC; visualizar o histórico de citas cos profesionais da AECC; […]. A participación nas actividades anteriormente sinaladas estará sometida a condicións ou instrucións particulares que deberán ser aceptadas polo Usuario e que, segundo se indique en cada caso concreto, substitúen, completan e/ou modifican o presente Aviso Legal.

2.2 Condicións de uso do Portal

O acceso ao Sitio Web é gratuíto, salvo no relativo ao custo de conexión a través da rede de telecomunicacións subministrada polo provedor de acceso que contratase o Usuario.

O Usuario comprométese a non usar o Sitio Web con fins fraudulentos, así como a non levar a cabo conduta ningunha que poida danar a imaxe, os intereses e os dereitos da AECC ou de terceiros. Así mesmo, o Usuario comprométese a non realizar acto ningún co obxecto de danar, inutilizar ou sobrecargar o Sitio Web, ou que impida ou obstaculice, de calquera forma, a súa normal utilización e funcionamento.

Infórmase ao Usuario de que, no caso de que incumpra o contido do presente Aviso Legal, da Política de Privacidade, das Condicións de Uso ou de calquera outro termo ou condición particular recollido no Portal, a AECC resérvase o dereito a limitar, suspender ou finalizar o seu acceso ao Sitio Web, adoptando calquera medida técnica que sexa necesaria para tal fin. Así mesmo, a AECC resérvase a posibilidade de exercer tales medidas no suposto de que sospeite razoablemente que o Usuario está vulnerando calquera dos termos e condicións recollidos nos instrumentos antes citados.

Finalmente, poñemos en coñecemento do Usuario que a AECC resérvase a facultade de decidir, en todo momento, sobre a continuidade dos servizos da sociedade da información que presta a través do Portal.

3. Condicións de uso do portal e os seus subdominios

O acceso ao Sitio Web é gratuíto, salvo no relativo ao custo de conexión a través da rede de telecomunicacións subministrada polo provedor de acceso que contratase o Usuario.

O Usuario comprométese a non usar o Sitio Web con fins fraudulentos, así como a non levar a cabo conduta ningunha que poida danar a imaxe, os intereses e os dereitos da AECC ou de terceiros. Así mesmo, o Usuario comprométese a non realizar acto ningún co obxecto de danar, inutilizar ou sobrecargar o Sitio Web, ou que impida ou obstaculice, de calquera forma, a súa normal utilización e funcionamento.

Infórmase ao Usuario de que, no caso de que incumpra o contido do presente Aviso Legal, da Política de Privacidade, das Condicións de Uso ou de calquera outro termo ou condición particular recollido no Portal, a AECC resérvase o dereito a limitar, suspender ou finalizar o seu acceso ao Sitio Web, adoptando calquera medida técnica que sexa necesaria para tal fin. Así mesmo, a AECC resérvase a posibilidade de exercer tales medidas no suposto de que sospeite razoablemente que o Usuario está vulnerando calquera dos termos e condicións recollidos nos instrumentos antes citados.

Así mesmo, informamos aos Usuarios de que a AECC resérvase o dereito a modificar o presente Aviso Legal, así como calquera outro termo e condición contido no presente Portal Web e nos seus subdominios, ao seu exclusivo criterio.

Finalmente, poñemos en coñecemento do Usuario que a AECC resérvase a facultade de decidir, en todo momento, sobre a continuidade dos servizos da sociedade da información que presta a través do Portal.

4. Propiedade industrial e intelectual

A título enunciativo, pero non limitativo, os dereitos de propiedade intelectual sobre a disposición dos contidos do Portal (dereito sui generis sobre a base de datos), o seu deseño gráfico (look & feel), os programas de ordenador subxacentes (incluídos os códigos fonte), así como os distintos elementos que integran o Portal (textos, gráficos, fotografías, vídeos, gravacións sonoras, etc.), en diante os “Contidos”, corresponden á AECC ou aos seus licenciantes. Con respecto aos signos distintivos incluídos no Portal (marcas e nomes comerciais, así como calquera outro), estes son propiedade da AECC ou dos seus licenciantes.

O uso do Portal polo Usuario non supón a cesión de dereito ningún de propiedade intelectual e/ou industrial sobre o Portal, os Contidos e/ou os signos distintivos da AECC. Para estes efectos, mediante o presente Aviso Legal, salvo naqueles supostos nos que estea legalmente permitido ou medie autorización previa da AECC, queda expresamente prohibida ao Usuario a reprodución, transformación, distribución, comunicación pública, posta á disposición, extracción e/ou reutilización do Portal, dos seus Contidos e/ou dos signos distintivos da AECC ou calquera outro uso comercial dos mesmos.

5. Política de enlaces

5.1. Establecemento de enlaces co Portal

Queda prohibido o establecemento de enlaces con destino ao Sitio Web, a menos que este fose previamente autorizado de forma expresa e por escrito pola AECC. En calquera caso, unha vez autorizado o enlace pola AECC, este deberá establecerse nos seguintes termos:

  • O enlace unicamente vinculará coa home page ou páxina principal do Portal.
  • O enlace non poderá consistir en frames ou marcos que permitan a visualización do Portal a través de enderezos de Internet distintos aos do Sitio Web ou que, de calquera outra forma, mostren conxuntamente a información do Portal coa incluída noutras páxinas web.
  • Non se realizará desde a páxina web que introduce o enlace (en diante, “Sitio Enlazante”) ningún tipo de manifestación falsa, inexacta ou incorrecta sobre o Portal e/ou a AECC.
  • En ningún caso se indicará no Sitio Enlazante que a AECC prestou o seu consentimento para a inserción do enlace ou que patrocina, colabora, verifica, supervisa ou aproba o contido e/ou os servizos que se prestan a través do Sitio Enlazante.
  • O Sitio Enlazante deberá cumprir fielmente coa Lei e non poderá, en ningún caso, albergar contidos, propios ou de terceiros, que: (i) sexan ilícitos, nocivos ou contrarios á moral e aos bos costumes (pornográficos, violentos, racistas, etc.); (ii) induzan ou poidan inducir no Usuario a falsa concepción de que a AECC subscribe, apoia, se adhire ou, de calquera maneira, respalda as ideas, manifestacións ou expresións, lícitas ou ilícitas, do remitente; e (iii) resulten inapropiados ou non pertinentes coa actividade da AECC.

No suposto de incumprimento de calquera dos termos antes enunciados, a AECC procederá de forma inmediata e sen notificación previa á supresión do enlace.

5.2. Sitios enlazados

Co fin de axudarlle a atopar información adicional, incluímos diversos dispositivos técnicos de enlaces que permiten ao Usuario acceder a outras webs (en diante, “Sitios Enlazados”). Nestes casos, a AECC actúa como prestador de servizos de intermediación, segundo o disposto no artigo 17 da LSSI. De acordo co previsto na citada lexislación, a AECC non será responsable dos servizos e contidos facilitados a través dos Sitios Enlazados, salvo que teña coñecemento efectivo da súa ilicitude e non desactivase o enlace coa debida dilixencia.

É posible que algúns dos Sitios Enlazados sexan propiedade da AECC; nese caso, a AECC será responsable dos servizos e contidos facilitados a través deles. Non obstante, poderá identificarse a titularidade da AECC acudindo ao Aviso Legal dos mencionados Sitios Enlazados.

En ningún caso a existencia de Sitios Enlazados dos que non sexa titular a AECC comporta recomendación, promoción, identificación ou conformidade da AECC coas manifestacións, contidos ou servizos proporcionados a través dos Sitios Enlazados. En consecuencia, a AECC non se fai responsable do contido dos Sitios Enlazados, nin das súas condicións de uso e políticas de privacidade, sendo o Usuario o único responsable de comprobalo e aceptalo cada vez que acceda e os utilice.

No suposto de que o Usuario considere que existen nos Sitios Enlazados contidos ilícitos, nocivos, denigrantes, violentos ou inadecuados, poderá poñelo en coñecemento da AECC a través do seguinte enderezo de correo electrónico: juridico@contraelcancer.es. Non obstante, a devandita comunicación en ningún caso comportará a obriga da AECC de retirar o correspondente enlace, nin supón necesariamente o coñecemento efectivo da AECC da ilicitude dos contidos do Sitio Enlazado, para os efectos do previsto na normativa vixente.

6. Denuncia de contidos ilícitos ou inapropiados

Tal e como se recolle no apartado “ACEPTACIÓN DO AVISO LEGAL” do presente Aviso Legal, para participar nos servizos e funcionalidades do Portal (foros, blogs, etc.) é necesaria a alta previa como Usuario Rexistrado.

Sen prexuízo do anterior, o Usuario pode consultar os contidos incluídos polos Usuarios Rexistrados con motivo da súa participación nos devanditos servizos e funcionalidades. Neste sentido, no suposto de que o Usuario observe que foron incluídas no Portal informacións ou contidos de carácter ilícito, nocivo, contrario á moral, aos usos e costumes e/ou inapropiados ou non pertinentes atendendo aos principios, finalidades, propósitos e actividades da AECC, poderá denunciar esta circunstancia a través do seguinte enderezo de correo electrónico, juridico@contraelcancer.es

Non obstante, a devandita comunicación en ningún caso comportará necesariamente a obriga da AECC de retirar o correspondente contido ou información, nin supón necesariamente o coñecemento efectivo da AECC da ilicitude dos contidos do Sitio Enlazado, para os efectos do previsto na normativa vixente.

7. Responsabilidade da AECC

O Usuario recoñece e acepta que, aínda que a AECC realiza os seus mellores esforzos para velar pola exactitude dos contidos e informacións incluídos no Sitio Web, estes teñen carácter xeral e meramente informativo. Do mesmo xeito, ten idéntico carácter a información relativa á saúde e aos tratamentos médicos que se pon á disposición do Usuario a través do Portal, non constituíndo en ningún caso a devandita información unha recomendación por parte da AECC aos Usuarios dun tratamento concreto. En consecuencia, a AECC non se responsabiliza das decisións tomadas polo Usuario a partir da información subministrada a través do Sitio Web, nin dos danos e prexuízos producidos ao Usuario ou a terceiros con motivo de actuacións que teñan como fundamento a información obtida do Sitio Web.

Por outra banda, a través de funcionalidades tales como foros de opinión, blogs, etc., a AECC ofrece ao Usuario Rexistrado a posibilidade de incluír no Portal informacións e contidos. Neste sentido, a AECC realiza os seus mellores esforzos para revisar que as informacións e contidos incluídos no Portal polos Usuarios Rexistrados non teñan contido ilícito, denigratorio, difamatorio, violento ou nocivo; nin sexan contrarios á Lei, á ética, á moral, aos bos costumes ou aos principios da AECC.

Non obstante, dada a imposibilidade material de realizar a devandita revisión con carácter exhaustivo, a publicación no Sitio Web das informacións e contidos proporcionados polos Usuarios Rexistrados non pode nin debe interpretarse ou entenderse, de forma ningunha, como unha aprobación, recomendación, promoción, identificación ou conformidade da AECC coa información ou contido publicado. Deste xeito, en ningún caso será responsable a AECC das informacións e contidos incluídos polo Usuario Rexistrado no Sitio Web, sendo este o único responsable das consecuencias que se poidan derivar da inclusión pola súa parte no Portal de informacións ou contidos ilícitos.

Sen prexuízo do anterior, a AECC resérvase, nos termos contidos nas Condicións de Uso, a posibilidade de retirar en calquera momento as informacións ou contidos incluídos polo Usuario Rexistrado no Sitio Web, no suposto de que considere que estes son potencialmente ilícitos, inapropiados ou inadecuados, ou non pertinentes atendendo aos principios, finalidades, propósitos e actividades da AECC.

Por outra banda, o acceso ao Sitio Web non implica a obriga por parte da AECC de controlar a ausencia de virus, vermes ou calquera outro elemento informático daniño. Corresponde ao Usuario, en todo caso, a utilización de ferramentas adecuadas para a detección dos devanditos elementos daniños. En consecuencia, a AECC non se responsabilizará dos danos producidos nos equipos informáticos do Usuario ou de terceiros mediante a prestación dos servizos a través do Sitio Web.

A dispoñibilidade do servizo require servizos e subministracións de terceiros, incluídos servizos de transporte a través de redes de telecomunicacións cuxa fiabilidade, calidade e funcionamento non dependen da AECC. En consecuencia, a AECC non garante a dispoñibilidade do Sitio Web, podendo interromperse, suspenderse ou cancelarse en calquera momento os servizos prestados a través del. En particular, a AECC non se responsabiliza dos danos ou prexuízos de calquera índole causados ao Usuario como consecuencia da falta de dispoñibilidade do Sitio Web e, en particular, dos que teñan a súa causa en fallos das redes de telecomunicacións. Así mesmo, a AECC resérvase o dereito á revisión do Sitio Web ou á denegación do acceso ao mesmo en calquera momento.

8. Doazóns online

A AECC destinará o teu donativo de forma preferente ao proxecto que elixas; non obstante, ao tratarse dunha doazón legalmente incondicionada, resérvase o dereito de utilizalo noutra liña de actuación ou programa, sempre dentro dos obxectivos xerais da AECC e da súa misión.

Para realizar a doazón online, o Usuario deberá dirixirse ao apartado “Doa” do portal. Unha vez na sección, deberá escoller a cantidade que desexa doar; a cantidade mínima é de 10 euros e a cantidade máxima é de 100 euros de forma anónima.

Así mesmo, informamos aos usuarios de que, dependendo das características da doazón e da vontade do usuario, será necesario achegar datos persoais identificativos. A este respecto, rogamos que consulte a Política de Privacidade para coñecer os aspectos relativos ao tratamento dos seus datos persoais no proceso de doazón online.

As doazóns realizaranse mediante pagamento con tarxeta de crédito ou débito. O formulario de doazóns realízase a través do Sistema Secure Server Software (SSL), que garante as transaccións financeiras sen risco.

9. Obrigas dos socios

Os usuarios que desexen darse de alta como socios deberán cubrir o formulario establecido no noso Portal Web. A condición de socio é persoal e intransferible. Poderán ser socios aquelas persoas físicas ou xurídicas con capacidade legal. No caso de ser menor de idade, debemos contar co consentimento escrito do titor ou titores legais.

A través deste formulario, os usuarios deberán facilitar os seus datos persoais identificativos, datos de contacto e datos bancarios.

Os socios deberán satisfacer unha cota, que poderá ser de 10 €, 20 €, 40 € ou outras cantidades que desexen achegar como condición de socios. Así mesmo, facilítase a opción de que esta cota sexa satisfeita mensualmente, trimestralmente, semestralmente ou de forma anual.

O pagamento da cota só poderá realizarse a través de domiciliación bancaria; non se aceptarán pagamentos de cotas mediante tarxeta de crédito ou débito. A cota deberá domiciliarse nunha conta corrente en España.

Os socios teñen a responsabilidade de manter os seus datos actualizados e comunicar calquera modificación á AECC.

Os socios non deberán revelar nin transmitir ningún número de socio ou calquera outro identificador a terceiras persoas, así como o resto de datos persoais que puidesen ser utilizados en contra dos intereses da AECC ou de terceiros.

Os socios están obrigados a facer un uso correcto dos dereitos e vantaxes que ofrece tal condición.

A AECC resérvase o dereito a denegar ou retirar a condición de socio se ten coñecemento de condutas que vaian en contra da lei, da moral, dos bos costumes, así como daqueles termos e condicións que se pactasen particularmente co socio. Así mesmo, a AECC resérvase o dereito a retirar a condición de socio no caso de non satisfacer as cotas establecidas.

Lembra que podes desgravar os teus donativos e/ou achegas periódicas na declaración do IRPF.

Aproximadamente a finais do mes de marzo recibirás no teu domicilio o teu Certificado de Dedución Fiscal por correo postal. No caso de que non o recibas, poderás descargalo ti mesmo na nosa web ou ben solicitárnolo a través do noso correo electrónico socios@contraelcancer.es.

Para calquera solicitude de modificación dos teus datos de socio, tes á túa disposición as seguintes canles de comunicación:

Unha vez te deas de alta como socio recibirás, como mínimo, as seguintes comunicacións:

  • Paquete de benvida con información relevante da asociación e un carné de socio.
  • Certificado de Dedución Fiscal.
  • A Memoria Anual.
  • Boletíns dixitais.

Finalmente, os socios poderán darse de baixa da súa condición de socios en calquera momento. Para iso deberán dirixirse a socios@contraelcancer.es, identificándose como socios e expresando a súa vontade de darse de baixa.

10. Obrigas dos voluntarios

Os usuarios que desexen darse de alta como voluntarios deberán cubrir o formulario establecido no noso Portal Web. A condición de voluntario é persoal e intransferible. Poderán ser voluntarios aquelas persoas físicas con capacidade legal. No caso de ser menor de idade, debemos contar co consentimento escrito do titor ou titores legais.

A través deste formulario, os usuarios deberán facilitar os seus datos persoais identificativos e datos de contacto coa finalidade de que a AECC se poña en contacto con eles para as diferentes actividades de voluntariado que poidan realizar.

Unha vez cuberto e enviado o formulario, a AECC poñerase en contacto co usuario para valorar as distintas actividades que se poden realizar. É posible que para determinadas actividades sexa necesaria unha formación previa.

A AECC, xunto co voluntario, acordará a súa participación nalgunha das actividades que poidan ser de interese para o usuario.

Unha vez obtida a condición de voluntario, a AECC esixe dilixencia e responsabilidade cando se adquira un compromiso con algún proxecto ou actividade solidaria, polo que será necesario asegurar certa dispoñibilidade para a realización das actividades acordadas.

11. Protección de datos

Os aspectos relativos ao tratamento dos datos persoais dos Usuarios con motivo do uso do Portal atópanse regulados na Política de Privacidade, así como nos textos legais adxuntos aos diversos formularios de recollida de datos incluídos no Portal. Todos os usuarios que fagan uso do noso Portal Web están obrigados a revisar a Política de Privacidade, co obxectivo de que estean informados dos posibles tratamentos dos seus datos persoais e dos dereitos que lles asisten. A AECC recomenda revisar a Política de Privacidade, o presente Aviso Legal, así como calquera outro termo e condición incluído no presente portal, de forma regular, posto que a AECC se reserva o dereito a modificalos dentro dos límites que permita a lexislación vixente e aplicable.

Tal e como se indica no apartado 2.1 do presente Aviso Legal, os aspectos relativos ao tratamento dos datos persoais dos Usuarios con motivo do uso do Portal atópanse regulados na Política de Privacidade, así como nos textos legais adxuntos aos diversos formularios de recollida de datos incluídos no Portal.

12. Miscelánea

De conformidade co artigo 3 da LSSI, as leis aplicables aos servizos da sociedade da información que a AECC presta a través do Portal serán as do Reino de España.

No caso de que algunha das disposicións contidas no presente Aviso Legal sexa declarada nula, procederase á súa retirada ou substitución. En calquera caso, a devandita declaración de nulidade non afectará á validez do resto das disposicións recollidas neste Aviso Legal.

O Usuario e a AECC aceptan someterse aos Xulgados e Tribunais de Madrid, rexeitando calquera outro foro voluntario, en relación con calquera conflito que poida xurdir como consecuencia do uso do Portal Web por parte dos usuarios.